user

ESEI (Escola Superior de Enxeñaría Informática)

Overview

Benvido a páxina oficial de Linkedin da Escola Superior de Enxeñaría Informática. Nesta web poderás manterte informado de todas as novidades e actividades vinculadas a nosa escola. Se te interesa o mundo da informática ou estás interesado en estudar na nosa escola nun futuro próximo, séguenos. Será un pracer compartir o nosos coñecementos e experiencias con todos vos. Oferta formativa: · Grao en Enxeñaría Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática, de 240 ECTS e catro anos adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao estudante dunha formación xeneralista nas principais áreas propias da Informática, e que consta de dúas especialidades: Enxeñaría de Software e Tecnoloxías da Información. · Máster Universitario en Enxeñaría Informática: titulación vinculada ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a en Informática, de 90 ECTS e un curso e medio adaptada ao Espazo Europeo de Educación Superior. Ten como obxectivo dotar ao titulado dunha profunda formación en temas de dirección e xestión da área de tecnoloxías da información, así como sólidos coñecementos en tecnoloxías específicas asociadas a diferentes perfís profesionais deste ámbito. O titulado adquire competencias técnicas, de comunicación e liderado que lle capacitan para pór en marcha o seu propio negocio ou para integrarse en postos directivos da área TIC en empresas e organizacións.

  • Rúa Galicia

    Rúa Galicia, Gurugú, O Posío, Ourense, Galicia, 32005, Spain

    Get Direction