user

Grupo Naturalista Hábitat

Environmental Services
img No Team Available

Overview

O Grupo Naturalista Hábitat, entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis sobranceiras de Galicia. Desde a súa fundación na Coruña en 1979 por un grupo de naturalistas entusiastas, ven realizando diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto numerosas campañas de divulgación do noso patrimonio natural, contribuíndo a xerar en Galicia unha corrente de preocupación polo medio natural. Dende os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, dende un enfoque naturalista baixo criterios científicos. Froito deste traballo incesante, Hábitat ten contribuído de maneira clave na protección de numerosos espacios naturais agora xa emblemáticos, como o humidal de Baldaio e as Fragas do Eume. Paralelamente a este traballo conservacionista, Hábitat organiza decote numerosas excursións, cursos e charlas de divulgación da natureza, dirixidos ó público en xeral, baixo a premisa de que difícilmente se pode protexer o que non se coñece.

  • Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia

    Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, 30, Rúa Alameda, Zalaeta, Ensanche, A Coruña, Galicia, 15003, Spain

    Get Direction