user

FEGADACE. Federación Galega de Dano Cerebral

Civic and Social Organizations

Overview

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral de Galicia: Adaceco en A Coruña, Adace en Lugo, Alento en Vigo, DCA en Ourense e Sarela en Santiago. Persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas con dano cerebral adquirido e dos seus familiares. Pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto á dimensión desta discapacidade, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os retos da rehabilitación e inclusión social.